Primeiro dia de loito

Primeiro dia de loito
27 de Maio, 2020 - 03:19 h. | Publicada por Radio Fene

Fene secunda os dez dias de loito polas víctimas do coronavirus.

O concello de Fene secundou a homenaxe ás víctimas do coronavirus no primeiro dos dez dias de loito decretados polo goberno central. Membros do goberno local e funcionarios municipais concentráronse ás 12 do mediodía e mantiveron un minuto de silencio en lembranza das víctimas da Covid19. As bandeiras ondean a media asta en todos os edificios administrativos e así seguirán durante os 10 dias de loito oficial. Actos como o de Fene multiplicáronse por todo o territorio estatal onde o virus se cobrou a vida de 27.117 persoas, segundo o último dato dado a coñecer.

Institucional

Publica o teu comentario agora