Problemas na rede de auga en Perlío

Problemas na rede de auga en Perlío

27 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Esta noite produciuse un novo rebentón na canalización de auga da rúa Ameneiral de Perlío- Fene- Calcúlase que o abastecemento quedará reposto arredor das 10 da mañá. Nos últimos días rexistráronse tres rebentóns en distintos puntos das canalizacións da rúa Ameneiral, que teñen varias décadas de antigüidade e están moi deterioradas. O concello traballa na solución definitiva

O concelleiro de Obras e Servizos, Antón Noceda, vén de informar de que hoxe mesmo o seu departamento preparará un plan de actuación urxente cos técnicos de Viaqua e os do Concello de Fene para acometer esta mesma semana o arranxo integral da rede. As obras que solucionarán o problema de xeito definitivo comezarán de inmediato e provocarán novos cortes, pero serán as últimas molestias que sufrirá a veciñanza, á que o concello pide desculpas polas molestias que están a padecer.

Sociedade