A profunda fenda da economía galega

A profunda fenda da economía galega

11 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A economía galega está estancada e saímos da crise con máis lentitude e maior febleza que o conxunto do Estado. ESas son as principais conclusións que o Foro Económico de Galicia saca do seu primeiro informe de conxuntura deste ano 2015, no que varios indicadores confirman o precario crecemento da comunidade, segundo indica o xornal dixital Praza, da Asociación de Medios en Galego.

Hai dous factores que explican e "matizan" ese crecemento continuo nos últimos catro trimestres, que en Galicia é moito máis débil: o parón do sector exterior e a atonía da demanda interna. No primeiro caso, leva cinco trimestres seguidos con achegas negativas ao crecemento do PIB e, o que é "máis negativo", as empresas galegas que venden fóra de España redúcense, algo que "non acontecía desde 2009", tal e como destaca o FEG. O estancamento do sector exterior e a atonía da demanda interna explican o crecemento débil de Galicia. En canto á demanda interna, o Foro destaca que presenta valores positivos na súa achega ao PIB (0,7%), con crecemento do investimento tras seis anos de contracción (1,3%), pero cun impulso "máis curto e débil" que no resto das autonomías. Fernando González Laxe, coordinador do informe, explicou que as crises "deixan pegadas moi profundas, secuelas moi desfavorables e fendas que exisen reparacións e selado".No caso de Galicia, segundo di, esas fendas son máis profundas que no Estado. Así, mentres o país medraba antes da crise máis que a media, agora está a afrontar a saída da crise.

Sociedade