Programación especial de Radio Fene

Programación especial de Radio Fene
16 de Marzo, 2020 - 08:09 h. | Publicada por Radio Fene

As oito desta mañá comezou oficialmente o estado de alarma polo andazo de coronavirus. Só se pode sair da casa para ir traballar, buscar o pan, mercar alimentos ou medicamentos. Pódese sair tamén para levar o can a facer as necesidades, pero non para pasear ou para facer deporte. Cuestións urxentes para limitar o contacto entre as persoas e facer máis raro o contaxio do coronavirus. 

Fotografía: Xan Xe

A primeira recomendación médica é evitar no posible as aglomeracións de xente, evitando acudir a locais onde se reunen moitas persoas ou utilizar mascarilla, tamén evitar as viaxes en transporte público de cercanías e calquera viaxe prescindible, segundo indica a doutora Carmen Carballo. E por suposto, matiza Carmen Carballo, intensificar a hixiene persoal e do medio onde nos movemos. Carballo ponnos dous exemplos sinxelos e moi pŕacticos. Limpar con maior esmero os xoguetes dos máis pequenos e lavar as mans ben lavadas.

 

Protexer á poboación máis sensible, aos grupos de risco e nomeadamente ás persoas maiores. Radio Fene comezará ás once desta mañá un programa especial que repetiremos todos os días laborabeis nas vindeiras duas semanas. Radio de servizo público, de información á cidadanía da comarca e tamén de acompañamento. Pódese seguir de once da mañá a unha do mediodía no 107.7 da FM e tamén na web www.radiofusion.gal

 

Institucional

Publica o teu comentario agora