ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Jazz Atlántico de Baldo Martínez chega ao Teatro Jofre de Ferrol. Unha oportunidade de escoitar os temas do último disco do contrabaixista ferrolán, Project Miño, acompañado á voz por Maite Dono.
Este último traballo de Baldo Martínez, Project Miño, naceu no Festival Internacional de Guimaraes, como un intento de recrear as músicas folclóricas tradicionais de Galicia e Portugal co alento do jazz. No proxecto veñen colaborando diversos músicos. Nesta ocasión a voz que acompañará ao grupo será a de Maite Dono.
A cita no Jofre con Baldo Martínez e o seu “Project Miño” será este sábado 24, ás oito e media do serán. O prezo da entrada é de 10 euros.O día anterior, o venres, actuarán no Centro Cultural Torrente Ballester, ás dez da noite, dentro do Jazz Session Colectiva.