Prometedora campaña da vieira

Prometedora campaña da vieira
24 de Outubro, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Nova campaña da vieira. A Confraría de Pescadores e Mariscadores Santiago Apóstolo de Barallobre puxo en marcha este luns a nova campaña con boas expectativas, tanto no referido á calidade como á cantidade das capturas, segundo a impresión que transmitiu en Radio Fene o patrón maior, Jorge López.

ESCOITA O PODCAST:

“De tamaño grande e boa calidade” foron as primeiras capturas de vieira nunha campaña na que participan dez barcos e vinteoito tripulantes. Se todo marcha segundo o previsto, poderán coller 2.400 quilos diarios e chegar ao remate cunhas capturas que roldarán os 35.000 quilos. “O primeiro día sempre é o máis complicado, pensamos coller sen problema o tope todos os días”, manifestou o patrón maior, que tamén deixou constancia dos prexuízos causados polos temporais dos últimos días a pescadores e mariscadores. Se non hai problemas coas analíticas, a campaña da vieira vaise prolongar ata do día 16 de novembro. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora