A promoción comeza na casa

A promoción comeza na casa
21 de Maio, 2019 - 10:49 h. | Publicada por Radio Fene

Co partido Perlío – Abellá no campo dos Pinares o domingo vinteseis de maio ás cinco e media da tarde, comezará a promoción de ascenso á Primeira Galicia de fútbol. Tras o sorteo realizado onte á tarde na Federación, o encontro de volta xogaráse en Abellá (Frades) o domingo dous de xuño. O equipo que venza no cómputo global dos dous choques xogará a vindeira tempada na Primeira Galicia.

O Perlio xogará a promoción de ascenso co Abellá (Frades) da comarca de Ordes

Esta fin de semana o Perlío tamén ten que disputar a eliminatoria da Copa da ría fronte ao Monfero. Este partido xogaráse o sábado vintecinco, posiblemente no campo do Vilarmaior, dadas as obras que se realizan no campo do Xestal en Monfero. Está pendente de fixar a hora do encontro.

Deportes

Publica o teu comentario agora