A promoción do segundo clasificado de fútbol en xogo

A promoción do segundo clasificado de fútbol en xogo

07 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O fútbol de Ferrolterra loitou coa demarcación de Santiago en busca do obxectivo da promoción do segundo clasificado na Segunda Autonómica. A Coruña recurriu esta decisión do pleno da Federación e abriu o conflicto. A Federación Galega de Fútbol convocou a todos os clubs de Ferrolterra a unha xuntanza que terá lugar mañán xoves ás oito da tarde nos locais do Galicia de Caranza. O orde do día será informa

Ata agora ascendia o primeiro clasificado de cada demarcación galega pero A Coruña tiña o privilexio de ter duas prazas de ascenso. Santiago xunto co Ferrol púxose máns a obra e recopilaron sinaturas para presentar unha proposta no pleno da federación galega de fútbol deste verán. A proposta saiu adiante e obriga a promocionar a todos os segundos de todas as demarcacións da provincia de A Coruña para ascender á Primeira Autonómica, (liga provincial). Ante esta decisión asamblearia, a demarcación da Coruña recurriu e o tema atópase en proceso administrativo interno. Os representantes do fútbol de Ferrolterra afirman a Radiofusión que non están dispostos a tirar a toalla e que loitarán por esta batalla xa que o acordo foi votado nun pleno da federación.

Deportes