Propoñen un Museo do Cine en Ferrol

Propoñen un Museo do Cine en Ferrol

30 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O cine, máis alá de ser unha arte, é un negocio, e arredor deste vivía moita xente. Todo un universo de oficios e profesións que confluía en cada sesión cinematográfica. Cada cine foi escribindo a súa historia día a día, estrea a estrea, sesión a sesión, co pulso e os vaivéns políticos, sociais, económicos e culturais que vivia a cidade. Anécdotas, vivencias, canalladas, contos e c

María Xesús Arias tamén relatou neste libro a peripecia das salas de cine de Fene. Do Perla, do Franlaza, do cine Galicia de Sillobre, Salón Cinema Feal de Magalofes, Cine Adriano e Maceiras de Barallobre, Cardoeiro de Maniños, ou Rosales de Limodre. Lois Calvo recolleu un completo ronsel de fotografias dos cines e das xentes do cine en Ferrolterra. No limiar propón a constitución dun Museo comarcal do cine. O libro presentaráse publicamente este xoves ás oito da tarde na Galeria Sargadelos de Ferrol. Promoveu a publicación a asociación cultural “Conxeito”.

Cultura