Propostas sobre actividades e economía

Propostas sobre actividades e economía
21 de Decembro, 2023 - 06:23 h. | Publicada por Radio Fene

“A programación de Nadal é positiva, pero pedimos que para próximas edicións permita conciliar ás familias”, declarou a Radio Fene o voceiro socialista, Joaquín Ayala. 

ESCOITA O PODCAST:

No seu balance do ano que termina, Ayala bota en falta a aprobación dos Orzamentos para 2024. Tamén pide modificacións nas Ordenanzas fiscais. Unha para suprimir o pago de plusvalía pola herdanza de propiedades. E outra para aumentar o importe que pagan as entidades bancarias polos caixeiros instalados na vía pública. “Esta Ordenanza data de 2010 e a banca paga 259 euros ao ano nada máis esto é insignificante para os dividendos que ten”.Tamén propón que se cobre esa taxe a outro tipo de negocios como os das máquinas nas que se venden alimentos e bebidas. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora