ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Casa da Cultura de Fene acolle dende este xoves 7 de xullo a exposición do 9º Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado. A mostra recolle as mellores instantáneas presentadas a este certame, convocado pola Deputación da Coruña, e no que se presentaron 101 fotógrafos.
O xurado integrado por prestixiosos profesionais do mundo do fotoxornalismo como Xurxo Lobato (comisario da exposición), Manuel López, César Quián, Pablo Juliá ou Tino Soriano; seleccionou como gañador ao fotógrafo Diego Vergés Requejo, por “Ánxeles City”, unha serie de doce instantáneas que xiran en torno ao mundo da prostitución.
Ademais da obra de Vergés, o xurado seleccionou outros cinco traballos fotográficos que completan a exposición itinerante que organiza a Deputación da Coruña, así como o correspondente catálogo. Estes son: “A supervivencia do mar”, de Pedro Pablo González Rodríguez; “Malapascua Island”, de A. Benitez Barrios; “Loita africana”, de Javier Fernández Ferreras, “Alterra”, de Ton Arias, e “A cidade transitada”, de María Sainz Arandia.
A exposición poderá visitarse na Casa da Cultura de Fene do 7 ao 25 de xullo en horario de 10:00 a 14:15 h de luns a venres.