Prostitución, trata, violencia

A UDC organiza unhas xornadas ao amparo do Pacto de Estado contra a violencioa de xénero.
11 de Setembro, 2019 - 09:43 h. | Publicada por Radio Fene

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus acollerá, o 16 de outubro ás 17:00 horas, a proxección do documental “El Proxeneta. Paso corto, mala leche” dirixido pola xornalista, Mabel Lozano.

A activista e integrante de feminicidio.net, Amelia Tiganus, imparte mañá xoves, 12 de setembro, o obradoiro “Prostitución: trata e violencia sexual” ás 16:30 horas, no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación. Esta actividade enmárcase nas xornadas que organiza a Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña dentro das accións emprendidas co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

O programa das xornadas inclúe tamén a conferencia dos profesores da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, María Carreiro e Cándido López, titulada “A situación dos centros de acollida para vítimas de violencia de xénero en Galicia: non estaremos a re-vitimizar ás mulleres?” e que terá lugar, o 19 de setembro, ás 17:00 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal. Pola súa banda, a profesora de Comunicación Audiovisual da Universidade de Burgos, Isabel Menéndez, impartirá a conferencia “Violencia simbólica nas industrias culturais: a pornificación como biopolítica do desexo” o martes 8 de outubro, ás 10:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación.

O peche da xornadas virá da man da directora de cine e xornalista Mabel Lozano. O Salón de Actos Concepción Arenal acollerá, o 16 de outubro, ás 17:00 horas, a proxección do documental “El Proxeneta. Paso corto, mala leche” (na imaxe, fotograma do filme).

Na organización das xornadas de sensibilización e acción “Violencia (s) contra as mulleres” colabora a Asociación Fuco Buxán.

Sociedade

Publica o teu comentario agora