PSdeG PSOE e BNG critican os disfraces dos conselleiros

PSdeG PSOE e BNG critican os disfraces dos conselleiros

09 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Antroidada, burla, chiste, falta de respecto. Foron algunhas das denominacións utilizadas nesta xornada por dirixentes da oposición para calificar o acto coa que a Xunta de Galicia conmemorou onte o Dia Internacional da Muller Traballadora. Tanto a socialistas como a nacionalistas parécelles mal que o conselleiro de Economía se disfrazase de ama de casa, mentras que a de Traballo o facía de executivo.

A portavoz do PSOE no Senado, Carmela Silva, considerou hoxe «deplorable» e «vergoñosa» a imaxe do conselleiro de Economía, Javier Guerra, vestido de muller e esixiu á secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, que pida desculpas aos cidadáns e diga que «está avergoñada».
En rolda de prensa no Senado, Silva considerou que De Cospedal denuncie o comportamento do conselleiro galego no Día da Muller Traballadora antes da súa intervención, esta tarde, ante o pleno da Cámara Alta. Recalcou que o 8 de marzo é un día para pór en valor as políticas de igualdade e facer propostas para avanzar nesta materia, e engadiu que a imaxe de Guerra indica que o PP se toma estas políticas «como un chiste».

«Burla e falta de respecto»

O BNG considerou unha «burla» e «falta de respecto» ao conxunto da loita feminista o acto «frívolo» do Goberno galego para conmemorar o 8 de marzo.  portavoz de Igualdade do Bloque, Ana Pontón, refírese nun comunicado á «desafortunada representación» da conselleira de Traballo e Igualdade, Beatriz Mato, e o de Economía, Javier Guerra, que se vestiron con globos el de ama de casa e ela de executivo. Para Pontón, «non é de recibo que nun momento como o actual, no que as mulleres están a sufrir nas súas propias carnes as consecuencias da crise económica, a responsable de Traballo e de Igualdade da Xunta se dedique a disfrazarse, reproducindo, ademais, os peores estereotipos de xénero». Ana Pontón cre que esta circunstancia «pon en evidencia, unha vez máis, a falta de peso das políticas de igualdade neste Goberno e que, ata, as toma a chiste».

O Goberno galego celebrou onte en Compostela un acto festivo co lema «Máis igualdade, moito mellor» cun acto protagonizado polo clown Willy Monroe, quen vestiu con pezas confeccionadas con globos á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, e ao conselleiro de Economía, Javier Guerra.
Mentres a titular de Traballo recibía atributos sociais masculinos, como unha gravata ou un maletín de ferramentas, Guerra vestíase cunha saia, unha escoba, e unha flor anudada na súa cabeza, nunha reflexión simbólica sobre a igualdade entre os xéneros.

Sociedade