Publícanse as lambetadas de Larpeiros

Publícanse as lambetadas de Larpeiros

19 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Un novo libro da saga do programa da TVG, LARPEIROS. Este xoves asistiremos á presentación do libro "As lambetadas de Larpeiros", de Merchi Rodal, no Restaurante Casa Quintela de Bueu (Rúa Eduardo Vincenti, 24). Acompañarán á autora o cociñeiro Benigno Campos, Xosé Cermeño, director do programa LARPEIROS e o editor Francisco Castro. Non vai ser unha presentación ao uso, pois ao remate do acto, a reposteira agasallará

Estamos diante do libro máis doce de toda a saga do programa LARPEIROS da Televisión de Galicia. Recolle algunhas das sobremesas do popular programa e outros moitos doces, madalenas, biscoitos, cremas, roscóns...Ademais de ricas, todas as receitas son sinxelas e divertidas de facer na casa.

O público asistente non só vai poder gozar da palabra da autora que nos confesará algúns segredos de reposteira e o por que da súa paixón por este estilo de cociña; ademais, deixaremos o padal contento ao ver, cos nosos ollos, e saborear, nas nosas bocas, algúns dos dóces que a reposteira nos ofrecerá.

Sociedade