Pura creatividade musical

Pura creatividade musical

19 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrolterra en xeral e Fene en particular son zonas de gran tradición musical. As escolas municipais de música e tamén a banda de gaitas Airiños de Fene, souberon recoller esa tradición e cultivar a creatividade musical da zona. Esa pode ser unha explicación da cantidade de xente que hoxe en Fene se adica á música.

En Airiños e nas escolas de música do Concello achegouse á música Jorge Vázquez, hoxe alma mater do dúo Caramelo, unha formación musical que percorre ao longo de todo o ano sociedades e veladas por toda a provincia da Coruña e de Lugo. Jorge Vázquez indica que o traballo dun duo debe estar moi pendente das demandas do público. Distinto é o funcionamento dunha orquestra que traballa sobre un repertorio pre-determinado.

Jorge Vázquez formou parte do grupo Roquementroque nos anos 90. A música folc é a súa debilidade, e ademais do dúo Caramelo exerce tamén como monitor de acordeón no Concello das Pontes. Tamén colabora coa escola Bellón Maceiras de Perlío en accións puntuais.

Cultura