Puro rock and roll

Puro rock and roll
07 de Xullo, 2020 - 09:27 h. | Publicada por Radio Fene

Igor Paskual é puro rock and roll. Así de simple. Un gran guitarrista, dos que tocan con técnica e paixón a partes iguais, actitude, e por suposto pose. A historia musical a nivel profesional de Igor Paskual comeza sendo cantante e guitarrista de Babylon Chat, grupo ovetense de Glam Rock. Igor Paskual deixou Babylon Chat en 2002, tras a chamada para unirse a Loquillo e Os Trogloditas, comezando así unha asociación xunto ao artista catalán que continúa até a data.

Igor Paskual

Na súa traxectoria xunto a Loquillo, Igor deixa claro que, lonxe de ser un mero instrumentista, é un gran compositor. Basta ver o seu nome asinando temas como Las chicas del Roxy,  Rock & Roll Actitud, Arte y Ensayo, Hotel Palafox ou Tatuados. A man dereita de Loquillo actúa en Ferrol o vindeiro sábado. Presentará o espectáculo “A Paixón segundo Igor Paskual”. A entrada anticipada (á venda en entradium.com) custará 10 euros. Na billeteira, 12 euros. Haberá un aforo limitado. Pódense reservar entradas en salaroom@salaroom.com

Cultura

Publica o teu comentario agora