Puro teatro

Tres representacións teatrais na próxima fín de semana teñen que ver con Fene.
19 de Novembro, 2018 - 02:17 h. | Publicada por Radio Fene

Teatro por partida doble, no local Juan Varela de Limodre cunha obra que lle vai ao pelo porque fala dos indianos. Continúan en Sillobre as Xornadas de Teatro coa terceira entrega e un grupo fenés, o Xosémaría Pérez Parallé protagoniza os Domingos a escena, no CC de Caranza.

Avecíñase outra fín de semana de moito teatro. Unha nova sesión teatral chega o vindeiro sábado 24 a partir das 20.00 horas a Limodre. A Cova do Trasno Teatro poñerá en escea a obra "O regreso do Indiano", escrita e dirixida por Xavier Vilasanchez Martínez. Non hai que pagar entrada pero pregánnos que paguemos simbolicamente, achegando un produto non perecedeiro para aportar ao banco de alimentos de Cáritas.

O domingo 25 de novembro estará en Sillobre o grupo de teatro da SCR A Pombiña de Pedroso, coa obra "Resurrección". Será a terceira entrega das Xornadas de Teatro Juan J.Galdo Fachal. O domingo ás sete da tarde, na Sociedade Agarimo.

O grupo de teatro "Xose M. Perez Parallé" de Fene, que dirixe Xosé Bonome, porá en escena a obra: "A tenda do convento" tamén o domingo 25 de Novembro, no Centro Cívico de Caranza, as sete da tarde, dentro do Ciclo de Teatro Afecionado "Domingos a Escena", que organiza o Concello de Ferrol. Os fenese levan unha comedia na que a tenda do convento está en números vermellos, as contas non dan e de non ocorrer un milagre terán que pechar as portas. Así comeza esta obra na que as monxas deberán adaptarse ós novos tempos se queren que o convento supere a crise.

Cultura

Publica o teu comentario agora