Qué aprendemos?

A inscrición nas xornadas ábrese o día 11.
05 de Febreiro, 2020 - 01:24 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello organiza unhas Xornadas de intelixencia emocional para o alumnado de Fene. As xornadas desenvolveranse entre os meses de marzo e maio

A concelleira de Ensino, Juana Barro, informou esta mañá de que o Concello de Fene organizará unhas xornadas de intelixencia emocional dirixidas ao alumnado de Educación Primaria –de 3º a 6º curso- e da ESO –de 1º a 4º- , empadroado en Fene ou matriculado nalgún dos centros de ensino da localidade. Estarán impartidas por Fátima García, psicóloga e coach, e María Cayón e, nelas, desenvolveranse habelencias de intelixencia emocional nunha contorna lúdica. Descubriranse así mesmo emocións e como xestionalas, e potenciarase a autoestima.

A inscrición abrirase no pavillón de A Xunqueira o vindeiro martes 11 de febreiro, ata o día 21, en días laborables e en horario de 9,30 a 13,30 (os mércores 12 e 19 tamén en horario de tarde de 16,30 a 18,30 h). A cota única de participación é de 6,25 euros e as prazas están limitadas a 20, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Deberá cubrirse a ficha de inscrición e achegar o volante de empadronamento ou certificado expedido por un centro de ensino de Fene acreditando que o/a neno/a está matriculado/a no mesmo e asinar a orde de domiciliación que lles facilitará a persoa encargada da matriculación.

As xornadas desenvolveranse do 4 de marzo ao 20 de maio na Aula de Cursos do Departamento de Cultura (Avenida de Naturais, 44, entresollado). En marzo, será os mércores 4 e 18; en abril, os días 1, 15 e 29, e en maio, os días 6 e 20. Os horarios serán os seguintes: grupo da ESO, de 16 a 17 horas, e grupo de Primaria, de 17 a 18 h. Así mesmo, o 27 de maio, de 18,30 a 20,30 horas, haberá unha charla informativa para nais e pais baixo o título “Que aprendemos?”.

Institucional

Publica o teu comentario agora