Qué calor!!

O ritmo do encontro Perlío- Mugardos estivo mediatizado polas altas temperaturas
26 de Febreiro, 2019 - 11:53 h. | Publicada por Radio Fene

O próximo encontro será o 10 de marzo contra as gañadoras da liga, o Galicia de Caranza.

ESCOITA O PODCAST:

Perlío 2- Galicia de Mugardos 0.

O Perlío da Liga feminina de Fútbol 8 segue en racha. Encadea tres victorias consecutivas antes do parón do Antroido porque ata o domingo 10 de marzo non hai partidos. Sobre o encontro xogado o domingo nos Pinares o técnico do Perlío,Juanjo Lorenzo, dí que a calor foi a protagonista, ata tal ponto que o árbitro parou o encontro durante un minuto para que as xogadoras se refrescaran. A causa da calor o ritmo do encontro foi lento. Os dous goles foron de Cris e Carla no primeiro tempo.

O descanso de dúas semanas axudará a preparar concienzudamente o partido máis difícil no papel, contra o Galicia de Caranza, que xa se proclamou campión na última xornada, a catro do final da liga. O que podía facer pensar que xa non se xogarán nada e poderían vir relaxadas ao encontro co Perlío, non convence a Juanjo Lorenzo. Porque aínda está en xogo o pichichi. Acadar un posto no podio sería unha guinda para as xogadoras do Perlío porque, pase o que pase, "a tempada do Perlío xa foi fantástica" en palabras do técnico.

Deportes

Publica o teu comentario agora