Qué causou as alerxias?

A Galiña Azul de Perlío ( Fene) sofriu dúas intoxicacións alimentarias este outono.
09 de Decembro, 2019 - 01:23 h. | Publicada por Radio Fene

As familias do alumnado da Galiña Azul de Perlío (Fene) reclaman máis información da Xunta de Galicia despois das dúas intoxicacións alimentarias que sofriron os pequenos e pequenas en outubro e novembro. Queren saber a qué se deberon.

ESCOITA O PODCAST:

As familias da “galescola” de Fene continuan sen recibir información oficial das intoxicacións alimentarias. A escola Infantil A Galiña azul de Fene (na imaxe) sofriu duas intoxicacións alimentarias, o dezaoito de outubro e o cinco de novembro. Na primeira ocasión achácase ao consumo de palometa. Once nenos sofriron reaccións alérxicas arredor da boca. Esta reacción na maioria dos casos foi leve e desapareceu ao pouco tempo. Explicouno así en Radio Fene o representante das familias no Consello Escolar, Jesús Piñeiro.

O cinco de novembro, cinco rapaces da escola sofren unha reacción alérxica similar, tras inxerir crema de verduras e pasta con polo. A consellería comunica que a empresa concesionaria debe cambiar os proveedores de comida. Os produtos pasan a comprarse en establecementos de proximidade, cercanos á escola infantil. As familias ven correcta esa medida pero demandan da Xunta de Galicia máis explicacións sobre as causas das alerxias. Agradecen o compromiso de todo o equipo da Escola Infantil de Fene e reiteran a súa confianza no seu bo facer diario.

Sociedade

Publica o teu comentario agora