Qué compro?

Qué compro?
28 de Febreiro, 2020 - 11:28 h. | Publicada por Radio Fene

Que compro? Esa é a pregunta que se realiza calquera persoa cando vai adquirir un vehículo novo. Eléctrico, gasolina, diesel, híbrido ou gas. O profesor de Automoción do IES de Fene Antonio Álvarez indica que depende das necesidades, dos quilómetros que faga diariamente, dos desprazamentos habituais na fin de semana e do entorno no que se move con frecuencia. Os vehículos eléctricos modernos teñen unha autonomía media de 270 quilómetros. Pero a duración das baterías depende tamén do uso de sistemas de refrixeración ou calefacción e do peso que teña que soportar o automóbil.

ESCOITA O PODCAST:
Antonio Álvarez e Juan Carlos Romero

O IES de Fene organiza unha xornada sobre vehículos de combustible alternativo. Haberá relatorio e exposición de coches eléctricos, híbridos, GLP e GNC. Agárdanse entre trece e quince marcas participantes, segundo o profesor do Instituto Antonio Álvarez. A marca Tesla é unha marca de prestixio que vende exclusividade. Non está ao alcance de todos os petos, pero amosará un dos seus vehículos na Xornada do 13 de marzo no IES de Fene. Tamén haberá Toyota e BMW, indica o profesor Juan Carlos Romero. Actualmente cursan automoción no IES de Fene arredor de 60 alumnos. A Xornada sobre vehículos de combustible alternativo celebrarase o venres 13 de marzo entre as 8,30 e as dúas da tarde. A partir das once estará aberta ao público en xeral.

Sociedade

Publica o teu comentario agora