Qué facemos coa herdanza, sométese a xuizo

Qué facemos coa herdanza, sométese a xuizo

28 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

¿Qué facemos coa herdanza? O grupo de teatro Xosé María Pérez Parallé leva esta obra a Sillobre despois da recente estrea no CMI Unidade de Fene con motivo do fallo do premio de poesía que leva o mesmo nome. O grupo, que dirixe Carlos Basoa, participa no Certame organizado por Agarimo con esa obra de fonda raigame galega pero con guiños á Casa de Bernarda Alba.Unha obra coral, no senso de que os actores e actrices colaboraron no resultado fi

"Duas irmás deciden cambiar radicalmente de vida unha vez que reciben unha grande herdanza. Transforman a casa materna nunha residencia de mulleres que non funciona, así que terán que buscar novos clientes". A representación do grupo de Fene será o sabado ás 8 da tarde en Agarimo.

Despois da actuación do grupo do CMI Unidade de Fene, queda só outra representación en concurso, o venres 6 de decembro, a do grupo das Pontes Quemaisten Teatro. Traerán ao certame de Agarimo “ As herdeiras do sol”, baixo a dirección de Xosé Bonome. O sabado 7 de decembro o xurado dará a coñecer o fallo na sesión de clausura, que protagonizará a Escola de teatro infantil da Sociedade Agarimo de Sillobre, fora de concurso, que dirixe Mª Carmen Martínez.

Sociedade