Quén dixo festa?

Quén dixo festa?

12 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As festas patronáis de Cedeira en honra á Virxe do Mar comezarán mañán e prolongaránse ata o vindeiro luns. Os numerosos turistas que se concentran na vila durantes os meses de verán desfrutarán dun ateigado programa festivo. Actuacións musicais, pasarrúas, fogos de artificio, procesión marítima, converterán a Cedeira nestes días nuns dos referentes festivos da nosa comarca.

Os festexos patronáis de Cedeira arrincan pola mañá co pasarrúas Os Meigallos, seguida da actuación da fanfarria La calle es Nuestra. Planet Abba ofrecerá un concerto pola noite na Praza vermella da vila percebeira. A lectura do pregón levaráse a cabo o venres. Unha segunda xornada de festas que contará entroutras cos ritmos do pasarrúas Vila de Cedeira ou a banda de gaitas de Robaleira. A noite do venres a orquestra Os Trovadores porá a nota musical á velada xunto con Ourense Big Band.
 

O sábado celebraráse a tradicional procesión marítima , unha das máis agardadas da comarca. Pero non faltará a música. O grupo Buxainas, a orquestra Ritmo Joven, a orquestra Os Satélites, Rebeca Jiménez ,  e o grupo M-Clan entroutros conseguirán que os asistentes  movan os corpos ata esgotarse. Éste último, M-Clan, será o grupo estrela das festas patronáis deste 2009. O domingo e o luns continúan as celebracións . A orquestra América arrufará a derradeira noite das festas de Cedeira. O programa festivo inclúe unha espectacular sesión de fogos de artificio que se lanzarán dende nove puntos diferentes da ría co que o ceo cedeirés brilará máis que nunca para gozo do público asistente.

Sociedade