Que morra o entroido anque caian chuzos

Fene vive dous dias de festa, sendo o Mércores de Cinza festivo local.
05 de Marzo, 2019 - 09:54 h. | Publicada por Radio Fene

Fene adica o Martes de Entroido aos máis pequenos, cunha festa infantil desde as 17,30h na Praza Alcalde Ramón Souto, a homenaxe a Juan "o negro" e a actuación de Los Zares. O Mércores de Cinza, festivo local, desfilarán ata 17 comparsas polas rúas fenesas.

MÉRCORES DE CINZA (mañá 6 marzo)

É o dia grande en Fene. Todo un record, un total de 17 comparsas desfilarán polas principais avenidas de Fene. O desfile partirá ás seis da tarde do empezo da Avenida Marqués de Figueroa, frente a Aguilar en dirección á Praza do concello onde actuarán a metade delas entre as que están tres formadas na localidade; A Canteira, Oje de Ferrol, Paso a Paso, Os argalleiros, A revolta de Trasancos, Os parrandolos, As científicas de Centieiras e Os Scratchados. Con elas, tomarán parte no tradicional desfile; Os colludos, Troupele troupele, As Xoaniñas de Chao, Colexio Belén, Retrinche mexicano, A comparsa da Semente, Os mecos, Patrulla verde de Domus Vi e Domus Vi. Unha vez remate a actuación das elexidas, darase paso á lectura do testamento e procederase á queima do Antón no río Cádavo, ante a presencia da viuva , e ao tradicional espectáculo pirotécnico. A xornada concluirá cunha gran verbena na avenida do Concello, onde se instalará unha segunda carpa, a cargo da Orquesta Olympus.

MARTES DE ENTROIDO (hoxe 5 de marzo)

Celébrarase a partir das 17,30 horas baixo carpa na praza Alcalde Ramón Souto González, polo que a festa está garantizada máis aló de que o tempo acompañe. Estará guiada por La Guagua, que animará a nenos e nenas a tomar parte nas diferentes actividades e xogos propostos. Así mesmo, non faltará a degustación de lambetadas de Entroido para todos eles. Dende as 21 horas, o Concello rende homenaxe a título póstumo a Juan “O Negro” integrante da Asociación Cultural "Os Tadetas" e persoa moi querida e recordada en Fene. Sobre as 21,30 horas, arrancará un gran baile de Martes de Entroido coa música en directo do grupo Los Zares.

A policia local pon en marcha un dispositivo especial de tráfico para os dous dias da festa. Estará pohibido aparcar e circular pola rúa do Concello dende as 15.00h do martes 5 á mañá do xoves 7 de marzo.  No caso de moita choiva, o mércores 6 de marzo anularase o desfile de comparsas polas rúas do concello e trasladaranse directamente á Praza do Alcalde Ramón Souto González para realizar os saúdas e as actuacións xunto coa lectura do testamento.

(Na foto, O Tadetas e a orquestra local, Entroido de Fene nos anos 50)

Cultura

Publica o teu comentario agora