Que risa

A Concellería de Cultura reedita o obradoiro de risoterapia “Licenza para rir”
27 de Setembro, 2018 - 11:09 h. | Publicada por Radio Fene

Licenza para rir utiliza a risa como ferramenta terapéutica, favorecedora da comunicación e como un estímulo da creatividade. Axúdanos a frontar positivamente calquera situación de estrés

A Concellería de Cultura reedita o obradoiro de risoterapia “Licenza para rir”. Un proxecto que botaba a andar en 2014 cunha gran acollida e que hoxe, catro anos despois, regresarán a partir do 16 de outubro para continuar descubrindo e valorando as potencialidades terapéuticas e curativas da risa.
Dende outubro e ata finais de maio, celebraranse sesións semanais, todos os martes, de 18,30 a 20 horas no Museo do Humor-Casa da Cultura e as prazas están limitadas a 15. Así, as persoas maiores de 16 anos interesadas en tomar parte deben formalizar a súa matrícula do 1 ó 5 de outubro nas dependencias administrativas do pavillón municipal de A Xunqueira, en San Valentín. Será do seguinte xeito: 1, 2 e 3 de outubro inscricións só para residentes en Fene e o 4 e 5 de outubro inscricións para a a poboación en xeral. Os horarios serán de 8,30 a 14h e, o mércores 3 e o xoves 4, amplíase tamén á tarde, de 16 a 19 h.

Que ofrece “Licenza para rir”?

Fomenta a creatividade individual e grupal desde o lúdico; utiliza a risa como ferramenta favorecedora da comunicación e como un estímulo da creatividade e axuda ó corpo e á mente a afrontar positivamente calquera situación de estrés, utilizando a risa como ferramenta terapéutica.
O prezo da actividade é de 28,20 euros (cuota única para todo o curso).

Cultura

Publica o teu comentario agora