Que vai pasar cos bares?

Que vai pasar cos bares?
28 de Outubro, 2020 - 01:08 h. | Publicada por Radio Fene

O Roibén, o Tarnas, Lembranza, El Camarote, A Ponte, O Encontro ou Pachamama. Nos arredores da rúa do Concello de Fene, bares de sempre ou bares máis novos. O que teñen en común é o medo ante o estado de alarma e o toque de queda que afecta gravemente a hostalería.

ESCOITA O PODCAST:
Miriam Moar, bar Tarnas

Pinta mal a cousa dicianos esta mañá un camareiro en Ferrol. Escoitamos as palabras de Laura Cascallana da Cafetería Lembranza.

Miriam Moar dende o Tarnas, fala da misma problemática. Para moita da xente máis nova, con clases ou traballo, saír a rúa é impensable antes das 21:00. “Para dúas horas hai que prefire quedar na casa que vir ao bar”. Malia todo teñen esperanzas. O mesmo din dende o Roibén. Manuel Angel Anca apunta que eles tamén sirven comidas e servían ceas.

Benditos Bares en datos, un estudio feito por Cocacola e a Federación Española de Hostelería en 2017. Revelou o que, aínda que non estivera plasmado nun libro, todos sabiamos. O bar é un punto neurálxico, un centro de reunión, de primeiras citas ou de últimas, de comidas e ceas de empresa, de celebración de nacementos ou enlaces. Según este estudio 2 de cada 3 persoas coñecen o nome dos camareiros dos bares que frecuentan e 9 de cada 10 usan estes establecementos para falar. Todos sabemos que falar na casa non é o mesmo.

O estado de alarma e o toque de queda xa están a supoñer unha baixada grande das vendas. Pero “o primeiro é o primeiro” para o xerente da cervexería Roibén Miguel Angel Anca.

O Camarote, negocio de Matilde Rodriguez, énchese a partir das 22:30, non ten marxe con estas novas medidas. Polo que preveen unha gran baixada das vendas.

Aínda que a Rosa Balseiro, da cafetería Pachamama, non lle afecta o toque de queda de forma directa, ela non traballa o ocio nocturno, é consciente do que vai supoñer para os outros hostaleiros. Ten medo de que os toques de queda vaian a máis e verse obrigada a pechar.

O mal tempo dificulta a utilización das terrazas. O reparto a domicilio das comidas apenas axuda. O pequeño comercio, os bares e restaurantes ven con moita preocupación a situación xenerada tras o estado de alarma. A hostalería agardaba con temor a segunda onda do Covid 19. Botaba man do servizo a domicilio e das terrazas para pasar o bache. Na práctica totalidade dos sectores notaban un descenso importante das vendas pero a caida foi a máis nestes últimos dias. Teremos que consolarnos co refraneiro: Nunca choveu que non escampara.

Sociedade

Publica o teu comentario agora