Que volvan os médicos galegos que marcharon

Persoal médico, de enfermería e da administración do centro de saúde de Fene concentráronse esta mañá xunto a pacientes.
07 de Febreiro, 2019 - 11:48 h. | Publicada por Radio Fene

Os traballadores das ambulancias sumáronse á protesta porque eles tamén traballan baixo mínimos, con recortes en persoal e material e condicións de traballo abusivas.

ESCOITA O PODCAST:

Baixo o lema "Sanidade pública si. Non aos recortes do PP" concéntrouse o persoal sanitario esta mañá diante dos hospitais e centros de saúde. Á concentración de Fene reuníu a un bo grupo de persoas entre as 10,30 e as 11,00h para seguir reclamando a ocupación das dúas prazas de médicos que permanecen baleiras, unha por xubilación e outra por causa dunha baixa de longa duración. O doutor Humberto Fidalgo manifestou que o cupo de pacientes dos outros médicos aumentou nunha media de 50 pacientes máis para cada un. Non lles vale a resposta de que non hai médicos. "Os médicos galegos están no extranxeiro a onde se viron obrigados a marchar" afirmou Fidalgo.

 

Á concentración diante do centro de saúde de Fene sumáronse nesta ocasión os traballadores das ambulancias, que reclaman a negociación do convenio colectivo paralizado dende o ano 2015. A responsable da Federación Galega de Empresarios de Ambulancias (FEGAM) na comarca, Beatriz Fernández, declarou a Radio Fene que a súa situación é límite.

BNG e EU arrouparon a concentración de Fene. Juventino Trigo chamou á poboación a sumarse a estas xustas reivindicacións do persoal sanitario porque todos e todas somos afectados. No pleno municipal desta tarde preséntanse dúas mocións relacionadas coa sanidade pública e o PAC de Fene, unha asinada por BNG e EU e outra polo PSOE.

Sociedade

Publica o teu comentario agora