Quedada ao solpor

O Obradoiro fotográfico complétase cun videoforum e curtametraxes.
27 de Xuño, 2019 - 12:06 h. | Publicada por Radio Fene

Obradoiro de fotografía de surf en Valdoviño con “quedada ao solpor”. Organizado polo Concello coa colaboración da Asociación de Fotografía Ferrolterra, celebrarase este venres 28 a partir das 22 horas.

ESPINO2018

O Concello de Valdoviño organiza unha orixinal iniciativa ao abeiro da programación do Océano Surf Museo para esta semana,  coincidindo co Campionato de España de Surfing que se celebra na praia da Frouxeira. Trátase dun obradoiro de foto de surf titulado «Quedada ao solpor». Arrancará ás 22 horas e nel a Asociación de Fotografía Ferrolterra guiará aos participantes na realización de fotografía marítima ao anoitecer. A actividade é gratuíta, pero precísase de inscrición previa e pode formalizarse na siguinte dirección web (http://bit.ly/ACTIVIDADESOSM). (Na imaxe Espiño-Portugal. Verán 2018)

A programación continuará o sábado a partir das 13 horas na Casa da Cultura, coa presentación do Manifiesto para a protección das ondas da Editorial Libros del Océano. Presentaranse as obras desta editorial e o proceso de deseño das publicacións. Ademais, a partir das 20 horas, o auditorio do Océano Surf Museo acollerá unha sesión de videofórum con curtametraxes e documentais sobre a historia do surf no territorio. Pecharase esta cita de cine cunha produción que fará as delicias dos e das amantes do surf.

Para rematar esta programación, o domingo ás 12,30 h haberá unha nova visita guiada ao Océano Surf Museo. O Océano Surf Museo está ubicado na Casa da Cultura, edificio singular Premio Nacional de Arquitectura e obra do prestixioso arquitecto Manuel Gallego Jarreto.Ocupa a súa primeira planta, unha gran galería acristalada aberta á praia da Frouxeira e válese tamén da sala de exposicións do inmoble para impulsar mostras temporais e do auditorio, como escenario de ciclos de cine, festivais de música ou charlas e congresos. Conta con paneis informativos, audiovisuais,obxectos únicos e singulares e un espazo de realidade virtual. O museo abre de luns a domingo e a entrada é gratuíta. Os horarios: de luns a venres de 12 a 14 h e sábados, domingos e festivos amplíao tamén á tarde, de 16 a 19 h. Con previa reserva, ofrece visitas guiadas ós centros educativos.

Cultura

Publica o teu comentario agora