Quedamos sen romaría

Quedamos sen romaría
10 de Agosto, 2020 - 12:28 h. | Publicada por Radio Fene

Fene e Maniños non puideron celebrar a pasada semanas os festexos patronais polas medidas sanitarias de prevención do coronavirus. Somentes a cantina da Sociedade O Pote de Maniños organizou un concerto na súa terraza de Cabe e Al Vila na noite do venres.  

O Pote. Segunda Galicia de fútbol. Tempada 2019-2020

A asociación O Pote de Maniños permanece á espera da evolución da pandemia para programar o inicio das súas escolas. A entidade quere ademais convocar unha reunión na que se comezará a preparar a conmemoración do seu centenario. Cumprirase no 2023 pero queren programar unhas grandes actividades que poñan en valor o espírito asociativo de Maniños. Forman na actualidade a directiva do Pote, Javier Rodriguez, Xoan Xosé Cabana, José Angel Bermudez, María José Albariño e Fernando Valiño. A asociación si decidiu que este ano non se celebrará a romaría do Pote que tería que cadrar o último domingo deste mes, o 30 de agosto.

Cultura

Publica o teu comentario agora