Quedei en Fene

A perruquería Bibi Paz está na Avda Marqués de Figueroa nº 26.
15 de Febreiro, 2019 - 10:24 h. | Publicada por Radio Fene

Bibiana Paz emprende a carreira en solitario coa esperanza de que todo vaia ben. Abrir un novo negocio é costoso pero tamén ilusionante. Sempre traballou como perruqueira en Fene e aí quixo seguir. A clientela de momento responde.

ESCOITA O PODCAST:

É como empezar unha nova vida. Ter unha nova oportunidade. Referímonos ao paso de montar un negocio propio despois de ter sido asalariada toda a vida. Desde logo o mundo é dos valentes, dí o refrán. Bibi Paz traballaba como empregada nunha perruquería ata que a dona se prexubilou e tivo que tomar unha decisión. Sempre lle botara o ollo a aquel local cercano por se un dia se poñía ela ao frente do seu propio negocio. E cando fixo falta aí estaba baleiro e agardando por ela. Adaptouno, decorouno ao seu xeito, en branco e negro, e aí está, tinte en ristre, poñendo guapas ás clientas. Bibi Paz abríu as portas na Avenida Marqués de Figueroa nº 26 onde antes estivo unha empresa de vidro e outra de conxelados. Moi cerquiña de onde traballaba antes, por iso a maioría das clientas sonlle fieis e continúan con ela.

Preguntámoslle a Bibiana qué é o que se lle da mellor e sen dubidalo contesta que as cores, tinguir o pelo e tamén os cortes. No seu negocio tamén cabe a Estética, con limpezas de cute ou depilacións. De momento outra persoa traballa nas fíns de semana. Se o negocio vai para arriba, podería ampliar o plantel. Bibi Paz funciona con cita. Gosta da puntualidade. Descansa os luns. A disposición das mulleres están as tarxetas cos teléfonos. Tamén se move polas redes sociais para presentarnos a firma BP.

Sociedade

Publica o teu comentario agora