Quedou novo

Fene asfaltou o medio km de camiño cun investimento de 16.000 euros.
21 de Novembro, 2018 - 09:06 h. | Publicada por Radio Fene

O camiño é frecuentado polos pelegríns do Camiño Inglés a Santiago amais de polos veciños de dez casas ubicadas nese medio kilómetro que ten de longo.

O Concello de Fene procede ó asfaltado do camiño do Rego da Moa. Os traballos executados pola Concellería de Servizos requeriron dun investimento duns 16.000 euros financiados con fondos propios. Os traballos de acondicionamento do camiño remataron onte, de xeito que convertiron un vial de terra en eastado moi precario, nun camiño asfaltado. A intervención mellorará a mobilidade da veciñanza dunhas dez casas que teñen nesta vía a súa única forma de comunicación cara a estrada N 651 e tamén dos numerosos pelegríns que percorren o Camiño Inglés ó seu paso por Fene, xa que un tramo do camiño está incluído no mesmo. Os traballos leváronse a cabo no camiño que ten medio Km de lonxitude.

Institucional

Publica o teu comentario agora