As Quendas de Mondoñedo esperan 15.000 visitantes

As Quendas de Mondoñedo esperan 15.000 visitantes

28 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As orquestras Ritmo Joven e Passarela amenizarán esta noite a verbena das festas das Quendas en Mondoñedo. Segundo o alcalde da localidade Orlando González, espéranse na cidade episcopal entre 10 e 15.000 visitantes. O programa das festas prolongase ata o vindeiro martes.

De xeito simultáneo celebrase unha concentración de autocaravanas. En Mondoñedo queren aproveitar os recursos de turismo e gastronomía que se ofrecen a todos os visitantes. Xunto co Mercado Medieval e coas San Lucas, a outra cita festiva do ano é esta das Quendas, para dar a benvida á primavera.

Sociedade