Querían que pasase en España como en Portugal, afirma José Blanco

Querían que pasase en España como en Portugal, afirma José Blanco

09 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

"O PP quedou coas ganas de que pasase en España o que pasa en Portugal". Así o asegurou o vicesecretario xeral do PSOE e ministro de Fomento, José Blanco, nun acto do partido nas Pontes ( A Coruña). Blanco asegurou que "Rajoy non apoiou as reformas igual que fixo a oposición portuguesa". Segundo o dirixente socialista, cada vez que Rajoy dicía non ás reformas estaba a dicir "non á recuperación" "para logo

Blanco criticou que o Partido Popular se presente como un partido social. "Un partido social non reivindica o copagamento, un partido patriota non sente envexa do que acontece en Portugal nin usa o terrorismo para atacar o goberno". Para o vicesecretario xeral do PSOE, "a dereita española é antiecolóxica, antisocial e desleal". E por iso insistiu na importancia das próximas eleccións do 22-M.

"Queremos unha campaña en positivo", asegurou na presentación da candidatura do municipio coruñés das Pontes. E rexeita "unhas eleccións para contaminar a vida política" como quere o PP, "experto en contaminar". O PSOE "quere falar, contrastar e dialogar coa xente e facer o mellor proxecto para os españois". "O 22-M xógase unha competición moi importante", dixo Blanco. "Os socialistas presentamos ao mellor equipo" mentres que o PP "presenta na Comunidade Valenciana un equipo cheo de imputados e acusados. Ese é o respecto que ten o PP polos cidadáns".

GALICIA

Blanco tamén recordou no acto que ningún outro goberno investiu tanto en Galicia como o de José Luis Rodríguez Zapatero. E remarcou a importancia que o Plan E tivo nos municipios. Un plan que "non" mirou as cores" dos partidos que gobernan nos concellos senón os proxectos que servían para "atender as necesidades dos cidadáns".

O vicesecretario xeral do PSOE lamentou, ademais, que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, eliminase a gratuidade dos libros de texto e teña recortado as bolsas de estudios. "A dereita sempre estivo en contra dos dereitos de todos", engadiu. "Por iso o día 22 de maio ímoslle dar unha lección de democracia á dereita de Galicia".

Institucional