Queremos aprender, queremos ensinar

Queremos aprender, queremos ensinar

08 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A exposición de fotografías “Mulleres maias unidas, queremos ensinar, queremos aprender” poderá ser visitada ata o día 15 de outubro no Fogar dos Maiores de Allariz. Dende o día 19 de maio e até o vindeiro 31 de decembro a exposición  de fotografía está a rotar por 16 concellos galegos para achegar á sociedade galega a cultura maia e as súas reivindicacións como pobo indíxena que dende hai moito

A exposición contén 50 imaxes realizadas por mulleres indíxenas guatemaltecas que mostran, dende unha rigurosa perspectiva de xénero, a realidade cotiá a partir da súa propia experiencia.
As catorce protagonistas recibiron un curso de fotografía documental como ferramenta para contar a súa historia e as das súas comunidades: María del Mar, El Triunfo, La Verde e Aztlán.

O propósito da mostra é romper con estereotipos e prexuízos que crean unha subxectividade única e estática da muller indíxena. Dita exposición forma parte do proxecto de sensibilización “Coñecendo os pobos achegando culturas” financiado pola Xunta de Galicia e levado a cabo en Galicia polas ONGD,s: Arquitectos sen fronteiras, Acsur las Segovias, Galiza, Solidariedade Internacional e Farfamundi Galicia.
Ditas organizacións tamén levan a cabo un Programa de Cooperación Integral na zona chamado OXlajuj T´zikin.

Sociedade