Queremos galego chama a manifestarse diante de San Caetano

Queremos galego chama a manifestarse diante de San Caetano

12 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A Xunta de Galicia presentará mañá sábado aos medios de comunicacion o decreto do galego. Coincidindo coa presentación, a plataforma Queremos Galego chama a concentrarse ás 11,30 da mañá diante do edificio de San Caetano, para protestar contra o que califican como regresión para o noso idioma. Segundo fontes oficiosas, Educación marcará o idioma das Matemáticas (castelán) e Sociais (galego) e que logo os centros (coa

Segundo lembrou este venres o secretario xeral de Política Lingüística Anxo Lorenzo, o texto terá que pasar polas mans da Mesa Sectorial de Educación, do Consello Escolar e do Consello Consultivo antes da súa aprobación. O anunciado decreto provocou unha forte e extensa resposta social..

Sociedade