Queremos Galego fixa no mapa as mobilizacións do 17 de maio

Queremos Galego fixa no mapa as mobilizacións do 17 de maio

08 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

A plataforma unitaria Queremos Galego concretou xa os oito puntos en que se desenvolverán as mobilizacións deste Día das Letras. Desta volta, en troques da habitual manifestación única en Santiago de Compostela, as reivindicacións a prol da normalización do uso do idioma propio levaranse o 17 de maio a varios puntos do país. En todos os casos as mobilizacións comezarán &a

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, explica que “estas mobilizacións en defensa do noso idioma continúan a ser tristemente necesarias” e que “non nos resignamos a que as persoas que falamos galego teñamos menos dereitos”. Maceira tamén convidou “todas as persoas que aman o galego a que participen nos actos deste Día das Letras ao mediodía nas sete cidades e en Foz”.

En todas estas concentracións ou manifestacións lerase un manifesto elaborado pola escritora Marica Campo. Nel parafraséase un dos versos máis coñecidos do autor a quen se lle dedican as Letras deste ano, Xosé María Díaz Castro, para “animarnos a que conquistemos novos pasos adiante para a nosa lingua” no ensino, nos medios de comunicación, na xustiza, etc.

Sociedade