Queremos traballar, e non emigrar

Queremos traballar, e non emigrar

12 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Queremos traballar e non emigrar", "Onde está, que non se ve, o dique flotante do PP". Foron algunhas das consignas da multitudinaria marcha cívica que este mediodia percorreu o centro da cidade de Ferrol. A comarca secundou de xeito xeneralizado a folga convocada por CIG, CCOO, UXT e USTG, para demandar carga de traballo no sector naval, e solucións para a zona de Europa que rexistra taxas máis elevadas de desemprego. Só teñen traballo 34 de ca

As grandes empresas, o transporte, o comercio, os polígonos industriais e a hostelería secundaron o paro sen ningún tipo de incidente. A recollida do lixo tampouco funcionou en Ferrol, Eume e Ortegal, traballando na sanidade os servizos mínimos establecidos.

Sociedade