Queren parar a construcción do ramal da A -57 con Peinador

Queren parar a construcción do ramal da A -57 con Peinador

17 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A mobilización social único recurso para paralizar a construcción do ramal da A-57 con Peinador. Os membros da Plataforma Cidadá contra a autovía por Redondela entenden que a vía administrativa non está a dar ningún froito, logo de que nin as alegacións nin o recurso de alzada, presentado o pasado mes de xaneiro, recibisen resposta por parte das institucións. Así o explicaron nu

Na reunión, a plataforma explicou aos asistentes que o recurso de alzada presentado hai dous meses non obtivo resposta por parte do Ministerio de Fomento. Unha “calada por resposta” que deixa poucas alternativas no ámbito burocrático. Con todo, presentarán un recurso de reposición e non desbotan acudir á Unión Europea.

A plataforma manifestou a súa “indignación e cabreo” polo que cualifican de “malversación de fondos en tempos de crise, xa que este ramal vai supor o investimento de 222 millóns de euros”. Ademais do malgasto innecesario de cartos fixeron fincapé no nefasto impacto ambiental que provocará a obra e que terá especial incidencia nos mananciais de auga das parroquias polas que transcorra.

A mobilización social, que permitiu parar outros proxectos como o da canteira de Ventosela, posiciónase así, ao entender da Plataforma, como única alternativa ante un camiño sen saída na vía administrativa. Por este motivo faise un chamamento a todos os veciños para que acudan ao pleno ordinario que se celebra o último mércores de cada mes e que nesta ocasión será o día 25. Tino Míguez entende que ese é o único xeito de trasladarlles aos políticos a negativa cidadá a que se constrúa esta infraestructura.

Queren ademais artellar dende o colectivo novas medidas que sirvan para mobilizar novamente a aqueles veciños que no seu día saíron a rúa cando temían que a autovía lles afectase directamente. Veciños que, unha vez coñecido o trazado deixaron de acudir ás convocatorias.

Sociedade