Queridos Reis Magos:

Al Rey de los Ángeles é unha viaxe dos Reis Magos de Oriente a Sillobre (Galicia)
27 de Novembro, 2018 - 01:14 h. | Publicada por Radio Fene

Preséntase na Coruña o libro de Ramón Loureiro "Al Rey de los Ángeles" o xoves 29 de novembro na librería Santos Ochoa, na rúa Teresa Herrera, ás 19,30h. En Fene asistiremos á presentación do libro o 29 de decembro, no CMI Unidade de Fene, coincidindo cunha homenaxe ao autor.

ESCOITA O PODCAST:

Ramón Loureiro ven de publicar "Al rey de los Ángeles" un libro de Hércules editora. Supón o regreso do escritor á ficción desde que no ano 2013 presentara "La asombrosa conquista de la Isla Ballena". "Al Rey de los Ángeles" ven poñer a fín á triloxía do Norte, formada por: Las galeras de Normandía, León de Bretaña e El lejano reino de la Vía Láctea. As estrelas guían ás súas maxestades nesta viaxe a Galicia ou, sendo precisos, á parroquia fenesa de Sillobre. Afirma a editorial que nesta historia non falta o humor nen a saudade, dous ingredientes con moito peso na literatura, e que non son doados de manexar. O empeño que Loureiro puxo en convertir o territorio de Escandoi, a súa paisaxe vital, en literatura, valeulle distincións como a Insignia de Ouro do Concello de Ferrol, o Premio Letras de Bretaña, o Premio Caminhos da Memoria (da universidade portuguesa do Minho) e o título de Embaixador Permanente de Fene. Foi xurado do Premio Nacional de Literatura e do Premio Nacional de la Crítica. Loureiro chega a "Al rey de los Ángeles" con esta reflexión que leín onte: «deixoume na alma feridas moi profundas. Depositei moitas esperanzas neste libro. Está escrito co meu propio sangre sobre fragmentos da miña propia pel» O último libro de Loureiro preséntase o xoves 29 de novembro na librería Santos Ochoa, na rúa Teresa Herrera da Coruña, ás 19,30h. Nada menos que Sito Sedes- cantante de Los Satélites- criado en Sillobre, acompañará ao autor fenés. En Ferrol preséntase "Al Rey de los Ángeles" o dia 15 de decembro, ás 12,30h no salón de actos de Afundación, por iniciativa do Club de Prensa de Ferrol. En Fene asistiremos á presentación de "Al Rey de los Ángeles" o 29 de decembro, no CMI Unidade de Fene, coincidindo cunha homenaxe ao autor.

Cultura

Publica o teu comentario agora