A ría de Ferrol engalánase coa cor branca dos veleiros

A ría de Ferrol engalánase coa cor branca dos veleiros

06 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A terceira proba do circuito Cora de óptimist celebaráse esta fin de semana na Ría de Ferrol. A proba enmarcada dentro do programa da Semana Náutica de Ferrol Spinnaker 2009, está organizada polo Club Naval de Oficiales El Montón, o Club Recreativo de Sada, o Real Club Náutico da Coruña, e o Club Náutico de Ares. Agárdase unha presenza superior ás 40 embarcacións.

A singradura arrinca este sábado á unha do mediodía. Tentaráse facer en tres mangas e o domingo ás doce dárase saída a cuarta proba. Posteriormente realizaráse a entrega de trofeos. A competición contará con dúas categorías: regata e escola, con dous percorridos diferenciados.

Amais dos clubes organizadores agárdase a presenza do Grupo Bazán, O Oza de A Coruña, O Nauta Coruña, o Casino de Vilagarcía e O Canido, de Vigo. Está será a terceira xornada do Circuito Cora, que anteriormente xa tivo lugar na Coruña e Ferrol. Finalmente desembarcarán en Ares e Sada, onde rematará a competición deste ano.

Deportes