A rúa responde ao goberno

A rúa responde ao goberno

20 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Segundo os sindicatos, máis de 350.000 cidadáns de Galicia participaron activamente nas protestas contra os recortes anunciados polo goberno. As centrais indican que a mobilización será continuada. Nas manifestacións insistiuse na inmoralidade de adoptar unhas medidas contrarias ás incluidas no programa electoral co que se concurriu aos comicios do pasado mes de novembro.

Milleiros de persoas, 40.000 segundo os convocantes, secundaron a manifestación contra as últimas medidas do goberno en Ferrol. O máis chamativo da mobilización foi a pluralidade de sectores que reuníu, dende estudantes, desempregados, mestres, funcionarios da Armada e empregados públicos en xeral. Senón a máis, posiblemente fose a segunda manifestación máis grande dos ultimos anos en Ferrol. Iso dá idea da indignación dos ferroláns, como quedou patente nos berros proferidos durante a marcha polas ruas de Ferrol, na que os manifestantes citaron entre outros á deputada Fabra, á Igrexa e ao presidente  Rajoy.

Cando a cabeza da manifestación chegaba ao remate, na Praza de Armas, a cola aínda enfilaba a Praza de España, despois de virar en Amboaxe. Iso dá a medida da contestación da comarca de Ferrol ao goberno de Rajoy, do que se pedíu a dimisión. O escritor Antón Cortízas leeu o manifesto asinado polas catro centrais convocantes. O momento máis aplaudido por unha Praza de Armas desbordada de manifestantes, foi a crítica dos aplausos dos deputados do PP no Congreso cando Mariano Rajoy anunciou que se reducían as prestacións aos desempregados.
Os empregados públicos quedaron citados para unha nova contestación o dia 30 deste mes de xullo e, no aire, quedou a convocatoria dunha posible folga xeral para setembro.

Sociedade