A rúa Xunqueira ten novas beirarrúas

Fene rematou as obras na rúa Xunqueira e en Marqués de Figueroa
16 de Outubro, 2019 - 01:23 h. | Publicada por Radio Fene

Conclúen os traballos de construción das novas beirarrúas na rúa Xunqueira en Perlío. A intervención contemplou tamén a renovación do firme e máis a reurbanización da marxe esquerda da Avenida Marqués de Figueroa.

Remataron as obras de construción de novas beirarrúas na rúa Xunqueira, en Perlío, con materiais táctiles nos percorridos dos pasos de peóns sobreelevados. A intervención levouse a cabo nun treito de 190 metros e tamén contemplou o acondicionamento do firme. Máis en concreto, a actuación estendeuse ao longo do tramo comprendido entre as rúas Peirao e Hortelá ata o cruce coa estrada AC133.

Xunto a estas obras, o Concello remataba hai unhas semanas os traballos de reurbanización da marxe esquerda da Avenida Marqués de Figueroa ( Na imaxe) coa construción de beirarrúas con baldosas de formigón e materiais táctiles no percorrido do paso de peóns, instalación de dous novos puntos de luz con tecnoloxía LED, colocación de alcorques e instalación dunha illa ecolóxica. Así, en suma, o Concello de Fene investiu nas actuacións 106.216,42 euros, que se financiaron con cargo ao POS+2018.

Institucional

Publica o teu comentario agora