Rachar a dinámica

Barallobre 3- Capela 4
07 de Outubro, 2019 - 10:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Barallobre dominou a primeira parte e creou ocasións pero metéronlle dous goles. Hai que analisar o que pasa en defensa e correxilo rapidamente.

ESCOITA O PODCAST:

Barallobre 3- Capela 4. Só ver este resultado xa da rabia polo Barallobre. Un resultado que “non reflexa o visto no campo, merecimos bastante máis” en palabras do técnico Oscar Varela. Na primeira parte do encontro, o dominio do Barallobre foi total con varias ocasión, sen embargo foron os visitantes quenes executaron os dous primeiros goles. No descanso deciden corrixir este revés e Varela opta pola defensa de tres. Un penalti aínda poñería a máis distancia ao Capela. Os locais logran empatar o encontro poñendose 3-3 ata que chega o minuto 93 no que Capela marca o cuarto e definitivo, e non houbo tempo para mais.

Declaraba Varela esta mañá que diante crean ocasións pero ultimamente lles marcan goles facilmente, así que teñen que analisar o que pasa en defensa e correxir. O próximo encontro leva ao Barallobre a Vilarmaior. Van coa idea de rachar esta dinámica adversa porque non xogan tan mal como para estar a cero puntos. Iso reflexiona Oscar Varela diante do novo encontro no que quere erguer a moral do seu equipo.

(Na imaxe, de esquerda a dereita: Gabi, Pena, Brais, José e Guille)

Deportes

Publica o teu comentario agora