Radio Animal responde

Radio Animal responde
18 de Marzo, 2024 - 11:58 h. | Publicada por Radio Fene

Por que ten medo o can? Que necesita o meu gato? Non hai pregunta que non teña resposta en Radio Animal. Podes facer a túa pregunta mediante unha nota de audio ao whatsapp  659 193663.

Fotografia cedida

Radio Fene abre un consultorio para atender dúbidas sobre problemas de comportamento ou dúbidas referidas ás mascotas. Unha sección de Radio Animal que poderán escoitar os venres, cada quince días, no programa A Fenestra, a partir das 11 da mañá no 107.7 da Frecuencia Modulada e na web https://www.radiofusion.gal Estará a cargo da veterinaria etóloga Noemí Graña. Poden facernos chegar as súas preguntas por distintas vías. Enviando unha mensaxe de whatsapp ao número de teléfono móbil 659193663. Mandando un correo electrónico á dirección noticias@radiofusion.eu.Tamén chamando por teléfono ao número 981 49 27 73. Ou a través das nosas redes sociais. Poden atoparnos no Facebook, en Instagram, Xe (antes Twitter) e na canle de Youtube de Radio Fene Radiofusión. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora