Radio Fene, coas portas abertas

Radio Fene, coas portas abertas
25 de Xaneiro, 2021 - 12:41 h. | Publicada por Radio Fene

Mañá "Radio Fene, coas portas abertas". Un programa especial adicado ás portas, á súa fabricación, desde a empresa de Marracoi inaugurada en 1920 en Maniños ata a actualidade. 

Juan Fernández Vila morreu en Maniños en 1967. Nos anos vinte montara un aserradeiro de madeira, a nave de Marracoi. Fernández Vila era un emprendedor ou aventureiro empresarial. Ademais da fábrica de Maniños, tiña lanchas da langosta, lanchas da area e tamén entrara como socio nun cine en Ares. Falamos de Juan Fernández Vila, Marracoi.

Juan Fernández Vila naceu no Bon Xesús en Barallobre entre 1890 e 1892. Moi novo emigrou a Arxentina donde se empregou na empresa "La Hamburguesa". A pesar de non saber nadar, exerceu de contramestre nun buque de cabotaxe. El xa tiña irmáns na Arxentina. Na Primeira Guerra Mundial prendéronno os ingleses e esitvo preso nas Illas Malvinas. Volveu a Maniños, buscou moza e casou con Francisca Vizoso Saavedra. Entrou a rexentar en sociedade a carpinteria de Marracoi. 

A nave de Marracoi traballou como aserradeiro desde 1920. Mäis tarde especializouse en portas. A maior parte das vivendas da zona nova de Santiago levan portas de Maniños. Comercializabanse co nome de Portas Meta, a porta de Galicia. O fillo de Juan Fernández Vila, Juan Fernández Vizoso “Juanin” tiña un contacto cun constructor de Santiago e a través del abasteceu unha boa parte do Ensanche compostelán. Sobre as portas falaremos mañá martes en Radio Fene. Na Fenestra, a partir das once da mañá. De portas de madeira, e de portas metálicas.. Da fábrica de portas de Maniños. Das portas de hoxe, nunha vivenda nova. Mañá Radio Fene, coas portas abertas, desde as 11 da mañá no 107.7 da FM.

Sociedade

Publica o teu comentario agora