Radio Negreira e Radiofusión retransmiten a XXXII Carreira Popular

Radio Negreira e Radiofusión retransmiten a XXXII Carreira Popular

10 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A emisora municipal Radio Negreira no 107.0 da FM, e tamén na súa emisión online, xunto con Radiofusión (a rede de emisoras municipais galegas), levaránlle aos oíntes de toda Galicia por terceiro ano consecutivo, a emoción da XXXII Carreira Popular de Negreira, en directo con Elena Dopico e Emilio Forján. Será este domingo dia 13 a partir das 11 da mañá.

 A organización da XXXII Carreira Popular de Negreira pechou o prazo de inscrición para participar nas tres probas que compoñen a gran festa do deporte na rúa que ten lugar este domingo na capital do Val de Barcala, nunha Carreira recoñecida incluso a nivel nacional, xa que logo poucas probas en Galicia reúnen a corredores de nivel internacional.

En total hai inscritos 1.300 atletas de tódalas idades, aínda ca a maioría farano na proba principal sobre 10.000 metros de percorrido, que terá a súa saída ás 11:30 horas dende a rúa de Castelao. Previamente, ás 10:30 horas farano os participantes da primeira Carreira de benxamíns e alevíns, sobre un percorrido de 1.000 metros. Ás 10:45 horas sairá a segunda proba, de categorías infantil, cadete e xuvenil, sobre 4.500 metros.

Esta edición promete ser unha das máis disputadas dos últimos anos. A presenza dun bo número de atletas extranxeiros vai por o listón do triunfo moi alto, xa que posiblemente para gañar a proba, os favoritos terán que baixalo crono dos 29 minutos, algo que está ao alcance de poucos atletas.

Entre os atletas inscritos na proba principal, cabe salientar a presenza de atletas de Kenia como Eliud Kipserem, cunha marca de 29 minutos e 15 segundos nos 10.000 metros; Leonard Kigen Chepto (29´12´´); ou Daniel Kiplagat, cuns rexistros de 28 minutos e 49 segundos, este último gañador da San Martiño de Ourense no 2010. Xunto a eles, Joan Aiyabei, cuxa mellor marca é de 31´59´´.

Na terna de favoritos atopase tamén o marroquí Anouar Dabab, quen reside en Madrid e participa, do clube San Sebastián de los Reyes. A súa mellor marca son 28´55´´ nos 10.000.

En féminas destacan as keniatas: Agnes Chebet, Joan Chelimo e Nancy Langat (33´24´´). A bo seguro vanse a disputar o podium final da Carreira de Negreira, aínda que as atletas portuguesas cun gran nivel, tentarán poñerllo difícil á lexión keniata.

No apartado masculino tamén destaca a presenza do gañador das recentes carreiras de Santiago e Ourense, o marroquí afincado en Ourense, Hassan Lekhili, quen xa participou na edición do 2009. Xunto a él, outro compatriota seu como Akka Essaadaqui, ou Robertas Geralavicius e Alejandro Gómez.

En canto á representación local, non faltarán Jorge Crespo Arias, Luis Calvo Castro, ou Daniel Negreira Barcia.

Tamén hai que salientar a presenza do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, quen tentará facer unha boa marca final.

Deportes