Radiofusiòn homenaxea aos “Mártires da Liberdade”

Radiofusiòn homenaxea aos “Mártires da Liberdade”

26 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Radiofusiòn lembrou os sucesos que remataron o 26 de abril de 1846 co fusilamento dos denominados Mártires de Carral. Unha edición especial do magazine Arredor de nós rememorou esta mañá aqueles feitos, recuperando a opinión de diversos historiadores sobre o suceso, achegándose ás celebracións que o conmemoran e recollendo tamén a opinión dos rexedores de Teo e Carral. Este último, José Luis Fern&aacut

A compilación de voces dos expertos neste período histórico guiou este programa especial de Radiofusiòn. Para Xosé Ramón Barreiro “o fusilamento dos Mártires de Carral foi o berce do pre-nacionalismo”, mentres que Bieito Alonso destaca “o carácter aglutinador do Rexurdimento que tivo o suceso”. Porén, Xusto Beramendi matiza que “os militares non eran galeguistas -nin sequera era galegos en moitos casos-", ao tempo que explica que "si se pode considerar provincialista o sector civil que apoiou o pronunciamento”.

Sociedade