Rallye solidario de Fene a Mongolia

Rallye solidario de Fene a Mongolia

06 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Escudería Scratch Fene visitará Mongolia este verán. Os pilotos participarán nunha experiencia solidaria que busca lograr axudas para proxectos humanitarios neste pais que linda con China. A saida realizaráse desde Barcelona o 18 de xullo. A meta situase en Ullan Bator, capital da Mongolia exterior.

400 coches sairán de Barcelona, Milan e Londres na data marcada do mes de xullo. Cando cheguen a Mongolia repararán os coches e os subastarán. Os fondos conseguidos empregaránse en proxectos humanitarios. Scratch Fene participa nesta experiencia con dous coches e con duas participantes femininas.

Deportes