Ramón Loureiro agradece o nomeamento Fenés do ano

Ramón Loureiro agradece o nomeamento Fenés do ano

01 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Real Coro Toxos e Froles e a Banda de Gaitas Airiños de Fene realzarán a gala de entrega do Premio Fenés do Ano ao xornalista e escritor nado en Sillobre en 1965, Ramón Loureiro. O acto será este venres 3 de outubro no CMI Unidade de Fene, ás 20:30h. As entidades veciñais e culturais de Fene elexírono porque en boa parte da súa obra literaria, as terras de Sillobre e Fene están moi presentes. O autor de “As Galeras de Normand&

Ramón Loureiro ven de publicar recentemente “La oruga en el bosque creciente” ilustrado por Antonio Seijas, un conto adicado a Luz Pozo Garza e a Mariano Haro porque representan as paixóns de Loureiro, a literatura e o atletismo. O escritor rememorou en Radio Fene  un dos momentos máis felices da súa vida, a consecución dunha medalla nas Olimpiadas de Fene, cando era un rapaz. Ramón Loureiro ultima a edición dos seus “Diarios” que comezou a escribir hai dez anos e que verán a luz no mes de febreiro, da man da editorial Eurisaces e con prólogo do seu amigo, César Antonio Molina.

A gala, na que se lle formalizará a entrega do premio, celébrase este venres 3 de outubro ás 20:30 no CMI Unidade, sendo este día o dedicado á parroquia de Fene dentro das actividades da Mostra Turística "Ven a Fene" e destacando así a esta parroquia como lugar de celebración de actos sociais, da relevancia do Día das Letras Galegas na primeira edición de 1963.

Sociedade