Ramón Nieto: Gústame meter as mans na terra

Ramón Nieto: Gústame meter as mans na terra

22 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Gústanme os poetas novos de agora, pero tamén meter as mans na terra, buscar as raices" afirmou Ramón Nieto que onte á noite recibiu o Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé nun acto celebrado no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene (A Coruña). O poeta nacido na Illa de Arousa salienta que "o escritor non debe ser demasiado aéreo, ten que combinar a raíz e o contemporáneo, hai que ter os p&eacut

Nieto afirma que escribe "coa linguaxe do mar, é o meu galego, o que aprendín, pero o libro é un libro de emocións, existencial, de amor e desamor".

En nome do xurado,  a gañadora do pasado ano Susana Sánchez Aríns destacou a calidade da maioría das 27 obras presentadas ao Premio. Destacou a "presenza da dorna, do mar, da xente que anda ao mar a traballar". Todo iso está presente no poemario de Ramón Nieto, quen recolle a tradición que Pérez Parallé tan ben coñecía.
No acto celebrado na tarde noite de onte, o alcalde de Fene Iván Puentes e o presidente do CMI de Fene José Manuel Romero Rey destacaron a importancia de promocionar o uso da lingua galega. Ramón Nieto recibiu diploma conmemorativo e unha peza cerámica elaborada polo escultor Francisco Pérez Porto. A Editorial Espiral Maior publicará agora a obra gañadora da 22ª edición do Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé, organizado polo Circulo de Fene coa colaboración do Concello de Fene e da Deputación da Coruña.

A obra galardoada, A estación única dunha illa, presentouse baixo o pseudónimo Glas-Ao. O seu autor Ramón Nieto naceu en 1975 e reside actualmente en Bruxelas, onde imparte clases de inglés.

Sociedade